Novas
O PP oponse a tomar medidas para evitar a contaminación do río Fonteliño.
16/out./2025
O río Couso, ou río Fonteliño, ao seu paso por Cans, sofre unha grave situación de contaminación reiterada. A causa desta é a actividade agresiva co medio dunha graveira situada no Alto do Confurco. O BNG solicitou no Pleno do Porriño que o goberno do PP de Alejandro denunciase ante os Xulgados e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil este ataque sobre o noso patrimonio natural e sobre a parroquia de Cans. O Alcalde e o seu grupo votaron en contra.