Novas
A UAD e a Unidade de Saúde Mental, materias pendentes no Porriño
12/dec./2025
No último pleno do Porriño acordouse unha demanda histórica, que é a adhesión da Unidade de Atención a Drogodependencias (UAD) ao Sergas, e a esixencia da creación dunha unidade de Saúde Mental na vila. A Xunta de Galicia, responsable en materia de saúde, debe dotar suficientemente este recurso esencial discriminado dentro da atención sanitaria desde hai décadas.