Novas
O BNG esíxelle ó PP un compromiso real coa loita contra a desigualdade no Porriño
22/nov./2025
No último pleno, o BNG esixiulle un compromiso real ó PP na loita contra a desigualdade. Espera que este ano non expulse o movemento social do centro da vila no 25N na xa consagrada manifestación convocada pola Marcha Mundial das Mulleres da Louriña. Tamén lle afea que a Xunta decidira construír o centro para mulleres vítimas de violencia no concello de Santiago de Compostela, quedando fóra a promesa publicitada por Alejandro Lorenzo de facelo no Porriño.