Novas
A realidade económica do Concello do Porriño desminte o triunfalismo de Lorenzo
07/out./2025
Hai dúas semanas, o alcalde do Porriño gabábase nos medios da súa política económica. A realidade contradí esa postura. Dende que dirixe o Concello, gastáronse 12 millóns de euros e O Porriño ten novos préstamos bancarios cun valor de 3 millóns de euros. Como informou o Consello de Contas, houbo un incremento exponencial da débeda e un baleirado do remanente.