BNG O Porriño
Novas
Escola infantil

O PP de Alejandro Lorenzo aposta pola privatización das novas escolas infantís

O BNG critica que o goberno do PP do Porriño lle abra a porta á iniciativa privada na xestión das escolas infantís. Deste xeito retrocede na xestión educativa da etapa de 0 a 3 anos, pois é unha competencia do goberno galego. O alcalde anunciou que as dúas novas escolas infantís do Porriño non estarán na Rede Galega Galiña Azul, creando un novo servizo público privatizado.

Ler novas
Novas
paso-nivel-porrino

O BNG pide unidade para defender o futuro do Porriño ante ADIF

A defensa dun proxecto ambicioso de soterramento da vía do tren para O Porriño debe contar cunha posición conxunta libre de intereses partidistas. Dende a forza nacionalista, consideran o paro na execución do proxecto actual unha oportunidade para impulsar con esta obra o desenvolvemento urbanístico que a vila merece.

paso-nivel-porrino
Foto do paso a nivel
Ler novas
Novas
Foto do IES Ribeira do Louro da folga decembro 2025

A loita polas melloras da educación chega ó pleno do Porriño da man do BNG

No último pleno do ano, o BNG conseguiu o compromiso de que o Concello do Porriño apoie as reivindicacións das familias para a mellora do sistema educativo público galego. As Anpas da Louriña están a organizarse, do mesmo xeito ca o profesorado, para esixir melloras fundamentais nos centros da comarca.

Foto do IES Ribeira do Louro da folga decembro 2025
Foto do IES Ribeira do Louro da folga decembro 2025
Ler novas
Novas
Perez Leiros

A rúa Pérez Leirós, un reto para a veciñanza

A rúa Pérez Leirós, no centro da vila do Porriño, presenta unhas condicións que a converten nun reto para a veciñanza. As beirarrúas son totalmente inadecuadas e o desnivel da vía tan desprorpocionado que os peóns prefiren ir pola vía, co perigo que isto significa.

Perez Leiros
Foto dunha das deficientes actuacións na beirarrúa
Ler novas
Novas
25N O Porriño

O BNG esíxelle ó PP un compromiso real coa loita contra a desigualdade no Porriño

No último pleno, o BNG esixiulle un compromiso real ó PP na loita contra a desigualdade. Espera que este ano non expulse o movemento social do centro da vila no 25N na xa consagrada manifestación convocada pola Marcha Mundial das Mulleres da Louriña. Tamén lle afea que a Xunta decidira construír o centro para mulleres vítimas de violencia no concello de Santiago de Compostela, quedando fóra a promesa publicitada por Alejandro Lorenzo de facelo no Porriño.

25N O Porriño
25N O Porriño
Ler novas
Novas
oporrinoconcello23-1140x570

A realidade económica do Concello do Porriño desminte o triunfalismo de Lorenzo

Hai dúas semanas, o alcalde do Porriño gabábase nos medios da súa política económica. A realidade contradí esa postura. Dende que dirixe o Concello, gastáronse 12 millóns de euros e O Porriño ten novos préstamos bancarios cun valor de 3 millóns de euros. Como informou o Consello de Contas, houbo un incremento exponencial da débeda e un baleirado do remanente.
 

Concello do Porriño
oporrinoconcello23-1140x570
Ler novas
Novas
Sin título

O BNG esíxelle ao Alcalde seguridade para as traballadoras do SAF.

O pasado 29 de xullo de 2025 foi asasinada Teresa de Jesús, empregada do Servizo de Axuda no Fogar mentres desenvolvía o seu traballo en Atios. Un feito excepcional e gravísimo, mais que evidencia da maneira máis cruenta os riscos aos que se expoñen as traballadoras do SAF diariamente, e o que é máis grave, que por parte deste concello non se asegurou a súa integridade física e emocional.

Sin título
Os concelleiros Marcelo Rodríguez e Míriam Martínez no Concello co escrito.
Ler novas