BNG O Porriño
Novas
Río Fonteliño

O BNG consegue que a contaminación do río Fonteliño chegue á Fiscalía de Medio Ambiente

O BNG do Porriño conseguiu no último pleno que se acordase denunciar a continua e reiterada contaminación que sofre o río Fonteliño. A denuncia será interposta na Fiscalía de Medio Ambiente do estado. O obxectivo é deter as agresións que sofre este rego poñendo en risco a vida natural e a das persoas.

Río Fonteliño
Foto de arquivo do Río Fonteliño contaminado cos sucesivos verquidos
Ler novas
Novas
Transporte

O BNG lamenta a perda dunha oportunidade de mellora do transporte público no Porriño

A Xunta de Galicia abriu un período de alegacións para requirir melloras no servizo de transporte público no noso territorio. Esta é unha oportunidade para que o concello presentase as necesidades que ten O Porriño, como apoio ás solicitudes feitas por outras entidades. O PP de
Alejandro Lorenzo negouse, no pleno, a facelo.

Parada autobús Avda. Galicia
Parada autobús Avda. Galicia
Ler novas
Vídeo
Manifestación educativa 6 maio Louriña

Manifestación educativa 6 maio Louriña

O pasado 6 de maio a comunidade educativa da Louriña volveu dar un toque de atención ao PP, tanto da Xunta como do Goberno municipal.

Este acto de reivindicación e loita uníronse profesorado, estudantado e as familias manifestaronse xuntos polas rúas do Porriño reclamando as necesarias melloras do sistema.

Desde o BNG acompañaremos sempre a súas xustas e léxitimas reivindicacións.

Ler novas
Vídeo
Estado dos pasos na senda do paseo do Louro

Estado dos pasos na senda do paseo do Louro

Este pasado inverno algúns pasos da senda do Louro danáronse e quedaron inutilizables ou en malas condicións. O Concello habilitou "temporalmente" uns pasos cun dubidoso criterio de seguridade...

Desde o BNG instamos ao Concello a recuperar os pasos danados desta senda que recorren diariamente tanto as veciñas e veciños do Porriño como tamén as persoas que fan o Camiño de Santiago.

Ler novas
Novas
Foto concelleira Míriam Martínez

O BNG reclama blindar 100.000€ para políticas sociais no Porriño

A UAD do Porriño foi transferida á Xunta de Galicia en decembro de 2025, que pasou a asumir o 100% do seu custo. A forza nacionalista solicitou que os fondos propios que ata entón investía o concello no servizo, case 100 000 euros, se blinden para políticas sociais municipais e non sexan desviadas a outras partidas. O goberno local do PP votou en contra desta proposta.

Ler novas
Novas
Parada Bus Torneiros

O BNG do Porriño esixe un transporte público adecuado para a parroquia de Torneiros

O BNG do Porriño solicítalle ó goberno do PP que aproveite a apertura do período de alegacións aberto pola Xunta de Galicia para requirir melloras no servizo de transporte público do noso concello. É especialmente urxente fornecer a Torneiros dun transporte urbano consecuente coa poboación da parroquia. A forza nacionalista faise eco dunha solicitude da veciñanza, especialmente para a comunidade educativa do instituto situado nesta parroquia.

Parada Bus Torneiros
Parada Bus Torneiros
 
Ler novas