O BNG achaca o superávit do concello do Porriño á política de recortes do PP

O BNG achaca o superávit do concello do Porriño á política de recortes do PP

Pedro Pereira, candidato do BNG-Asembleas Abertas no Porriño

O BNG-Asambleas Abertas rexeita os anuncios triunfalistas do goberno do Porriño sobre as contas municipais. O grupo nacionalista advirte de que detrás do superávit, escóndense as políticas de recortes e austeridade do PP de Madrid, que limitou a capacidade de xestión dos concellos.

A formación nacionalista recorda que O Porriño leva desde 2012 cos orzamentos prorrogados porque o goberno de Nélson Santos –pese a contar con maioría- non quixo aprobar novos presupostos. Por este motivo, numerosos investimentos quedaron sen executar e os servizos municipais sufriron un fondo deterioro durante estes anos, o que demostra a falta de planificación da alternativa popular.

Recorda que o goberno de Nélson Santos non aproba novos orzamentos municipais desde 2012, pese a ter maioría, o que provocou unha falta de investimentos e un deterioro dos servizos

“O obxectivo dunha Administración non é ter os cartos gardados na caixa, senón que eses fondos sirvan para mellorar a vida das veciñas e veciños do Porriño”, sinala o aspirante á Alcaldía do BNG-Asambleas Abertas, Pedro Pereira.

O BNG achaca o superávit do concello do Porriño á política de recortes do PP