A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto do Porriño convoca unha manifestación para o 7 de Marzo

Faixa pendurada no local do BNG no Porriño defendendo o dereito a decidir das mulleres e esixindo aborto libre e gratuíto
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto do Porriño convoca unha manifestación para o 7 de Marzo

cartel_mani_aborto_oporrinhoA Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto do Porriño convocou unha manifestación para o vindeiro venres día 7 de marzo baixo o lema Aborto libre e gratuito. As mulleres decidimos!, en protesta pola reforma da lei do aborto do PP. A marcha sairá ás 20 h desde a Praza do Concello (Praza do Arquitecto Antonio Palacios), e percorrerá as rúas do centro urbano. Desde a plataforma chámase a participar nunha mobilización que quere mostrar a oposición da sociedade porriñesa ante este grave retroceso nas liberdades e dereitos das mulleres.

Faixa pendurada no local do BNG no Porriño defendendo o dereito a decidir das mulleres e esixindo aborto libre e gratuíto

A militancia do BNG está a participar activamente na plataforma constituída no Porriño, e apoiamos tamén a convocatoria desta manifestación. Queremos volver expresar o noso rexeitamento á modificación da lei do aborto que está a impulsar o goberno central, un ataque aos dereitos das mulleres que desde o Bloque non imos tolerar. Esixiremos que o Concello do Porriño cumpra o acordo incluído na moción presentada polo BNG e aprobada en sesión plenaria, pola cal se comprometeu a pór en marcha unha campaña institucional rexeitando que se modifique a actual lei do aborto e informando dos recursos cos que contan a día de hoxe as mulleres para interromperen voluntariamente o embarazo.

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto do Porriño convoca unha manifestación para o 7 de Marzo