Fomento e Concello antepoñen os intereses de RENFE á seguridade das persoas

Paso a Nivel do Porriño
Fomento e Concello antepoñen os intereses de RENFE á seguridade das persoas

Paso a Nivel do Porriño

O BNG acusa a Fomento e Concello de primar os intereses de RENFE antes que a seguridade das persoas nas obras realizadas no paso a nivel do Porriño. O levantamento do formigón, o cambio de railes e a instalación de pavimento de caucho antideslizante só afectou a unha das vías e non ao paso a nivel no seu conxunto. “Agora os trens que non paran no Porriño poderán pasar a máis velocidade polo paso a nivel. Este é o verdadeiro motivo da reforma e non a seguridade dos/as viandantes. Para garantir a seguridade das persoas que cruzan diariamente o paso a nivel deberían ter remodelado todo o conxunto e non só o pavimento desta vía”, afirmou o portavoz do Bloque, Pedro Pereira, que instou ao goberno local a reclamar que se complete a obra. Desde o BNG entendemos que esta reforma non debe servir para consolidar este paso no noso casco urbano. Seguimos reclamando do goberno de España a supresión do paso a nivel do noso municipio. A cidadanía porriñesa está farta das promesas que os gobernos de PP ou PSOE en Madrid nunca cumpren.

Fomento e Concello antepoñen os intereses de RENFE á seguridade das persoas