O BNG do Porriño mostra o seu pesar ante o presunto asasinato dunha traballadora do SAF.
29 xul. 2025 - 20:08

Dende o BNG do Porriño mostramos o máis fondo pesar ante a terrible morte violenta da muller que esta mañá foi, presuntamente, asasinada mentres desempeñaba o seu traballo como auxiliar a domicilio na parroquia de Atios.
Transmitimos ademais todo o noso apoio a familiares e amizades desta veciña da Louriña e a todas as compañeiras do sector. Mulleres que realizan o traballo de coidar a persoas vulnerables, expostas a riscos non suficientemente valorados, e nunhas condicións que se considerarían precarias en calquera profesión non feminizada.
Os nosos representantes locais acompañarán nas diversas concentracións convocadas mostrando o seu apoio e pesar e animan a cidadanía a participar delas.
Que a terra lle sexa leve.