O BNG cuestiona o uso privado que fai Alejandro Lorenzo do servizo de comunicación do Concello.

Dende o BNG consideran inxustificada a coincidencia reincidente de contidos entre as publicacións nas redes sociais do Concello e as privadas de Alejandro Lorenzo. Recórdanlle ó alcalde que os servizos municipais de comunicación están para promocionar O Porriño, non a ningunha persoa en particular.

O BNG cuestiona o uso privado que fai Alejandro Lorenzo do servizo de comunicación do Concello.
Foto do Pleno do Porriño
Foto do Pleno do Porriño

A forza nacionalista considera inxustificada a continua coincidencia entre os contidos promocionais nas redes sociais do Concello e as que colga Alejandro Lorenzo nas súas contas privadas.

Os servizos municipais de comunicación son unha ferramenta para o Concello e a promoción da vila. A fusión do público co privado é, segundo o BNG, cando menos, dunha ética cuestionable.

Recordan que eses contidos se elaboran con cartos públicos, polo que, por transparencia, deberíase facer un uso máis ético desa ferramenta. Ademais, tachan esta situación como un exemplo máis da megalomanía que está a caracterizar o actual alcalde do PP. Alejandro Lorenzo identifica todo un equipo de goberno ou conxunto administrativo coa súa persoa individual. El pasa a ser o centro en todas as publicacións do concello, o que non se entende atendendo o alto número de dedicacións exclusivas que hai neste equipo do goberno do PP, cos custos que estas significan para as arcas municipais.

A profusión nas redes sociais, a fusión das redes municipais coas privadas de Alejandro Lorenzo e os seus paseos na caravana municipal polas parroquias para facerse fotos e restarlle contidos á participación activada da cidadanía son todos exemplos dunha idolatría desmedida da persoa do alcalde. Este tipo de condutas recorda as figuras populistas dun modelo de facer política terriblemente tóxico para a democracia.

O BNG cuestiona o uso privado que fai Alejandro Lorenzo do servizo de comunicación do Concello.