Os responsables do ADIF faltan o respecto á veciñanza do Porriño

maxresdefault

Para o BNG a reunión de hoxe no Concello foi decepcionante e demostra a falla de vontade do ministerio para resolver o problema do paso a nivel

Os responsables do ADIF faltan o respecto á veciñanza do Porriño

A xuntanza mantida hoxe, xoves, entre os voceiros dos distintos grupos presentes na corporación do Porriño e o subdirector de Infraestruturas de ADIF, o xefe de área de Pasos a Nivel do ADIF e representantes da consultora G.O.C, non pode ser cualificada doutro xeito que de decepcionante. Que despois de todo o tempo transcorrido e dos distintos estudos xa realizados os responsables do Ministerio de Fomento se presenten no Porriño sen ningún proxecto e só para pedirlle ao Concello que faga as súas propostas, é unha auténtica tomadura de pelo. O ADIF está a faltarlle o respecto ás veciñas e veciños do Porriño.

Eles son os técnicos de infraestruturas, eles teñen os datos, eles coñecen o problema e as posibles solucións. Como é posible, xa que logo, que veñan agora a pedir que dende o Concello se propoñan alternativas á supresión do paso a nivel? Cómo é posible que teñan tan pouco rigor técnico?

Se houber vontade real de eliminar o paso a nivel e resolver un problema histórico que padece o Porriño dende hai máis dun século, o ADIF xa tería avanzado nos proxectos e estudos técnicos elaborados.

Os responsables do ADIF faltan o respecto á veciñanza do Porriño