O PP pretende atribuirse a humanización da rúa A.Palacios colocando unha placa

O PP pretende atribuirse a humanización da rúa A.Palacios colocando unha placa

tranviaNo ano 2009 o Concello do Porriño acometeu obras de humanización da rúa Ramón González e Antonio Palacios. Con estas obras, levouse a cabo a humanización e mellora da rede de recollida de pluviais e abastecemento de augas, a mellora do alumeado público, así como o soterramento das liñas eléctricas e de telefonía nestas rúas. Pretendeuse potenciar a peonalización do centro urbano do municipio, e dar continuidade á zona peonil xa executada con anterioridade no entorno da Casa do Concello.

Dentro do proxecto de humanización contemplouse deixar ao descuberto as vías do tranvía Vigo – Mondariz, que pasaba ao carón da Casa do Concello. Todos os veciños e veciñas do Porriño son testemuñas de que a visualización e as obras que permitiron deixar ao descuberto as vías do tranvía foron executadas no goberno do BNG.

É sorprendente que un goberno que toma posesión en febreiro de 2010, despois da moción de censura contra o Bloque, non teña o mais mínimo reparo en atribuírse a realización da obra de peonalización da rúa Antonio Palacios colocando unha placa onde figura a data de decembro de 2013, dando a entender que foi executada durante o goberno do Partido Popular. Especialmente grave resulta este asunto cando tanto o actual alcalde Nelson Santos, como o Partido Popular no seu conxunto, opuxéronse no seu momento a que se iniciaran as obras de humanización e peonalización que o BNG impulsou no casco urbano do noso municipio.

O portavoz municipal do Bloque no Porriño, Pedro Pereira

"O goberno do BNG propuxo e realizou dita obra por a considerar necesaria e porque entraba dentro do que nós entendemos como recuperación de espazos urbanos para goze dos veciños e veciñas. Non propoñemos nin realizamos obras para a colocación de placas, pero consideramos que cando alguén pretende falsear a realidade, como é neste caso, o BNG ten a obriga de denuncialo", declarou o portavoz do Bloque, Pedro Pereira.

O grupo municipal do BNG ven de presentar unha moción na que se solicita do Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

Primeiro.- Que o goberno municipal proceda a retirada da placa colocada na rúa Antonio Palacios, entre os railes do Tranvía Vigo- Mondariz.

Segundo.- De se considerar necesario a colocación dunha placa que faga referencia ao paso do Tranvía Vigo-Mondariz polo Porriño no tramo onde as vías están ao descuberto despois das obras de humanización do ano 2009, se faga referencia a data real da execución das obras.

O PP pretende atribuirse a humanización da rúa A.Palacios colocando unha placa