O PP en contra de demandar unha tarifa eléctrica galega e de non discriminar pensionistas retornad@s

O PP en contra de demandar unha tarifa eléctrica galega e de non discriminar pensionistas retornad@s

tarifaO BNG está a desenvolver unha campaña solicitando que Galiza se vexa beneficiada polo seu papel de centro subministrador de enerxía eléctrica para o resto do Estado español, con base no noso potencial hidroeléctrico, nos xacementos de carbón,  no aproveitamento eólico, a biomasa, e tamén coa construción de dous ciclos combinados de gas natural.  Soportamos os custos sociais e ambientais derivados de producir pero non tiramos proveito desta actividade económica. Muitos galegos e galegas sufren de pobreza enerxética e son diversas as empresas que ameazan con trasladar a súa producción fora de Galiza polo elevado prezo das tarifas.  A moción presentada polo BNG no Porriño, solicitaba reclamar do Goberno Español a creación dunha Tarifa Eléctrica Galega que,  atendendo á condición de Galiza como excedentaria na producción de enerxía eléctrica  (o 40% da nosa producción abastece ao resto do estado segundo os últimos datos publicados polo  INEGA no 2012), rebaixe as peaxes das tarifas nun 30%, tanto para o consumo doméstico como para as empresas.

Emigrantes retornad@s

O PP votou tamén en contra no pleno de solicitar que se adopten medidas reais para que a tributación das pensións de emigrantes retornados/as sexa xusta e igualitaria, que os impostos que soportan non teñan un tratamento legal diferente polo simple feito de ter desenvolto unha parte da súa vida laboral no estranxeiro, así como adoptar os cambios legais necesarios para que non se repitan as situacións vividas nos últimos tempos por este colectivo de persoas.

O PP en contra de demandar unha tarifa eléctrica galega e de non discriminar pensionistas retornad@s