8 de marzo

Concentración 8M Torneiros

As mulleres do BNG do Porriño estivemos apoiando a concentración da CIG no IES Ribeira do Louro de Torneiros, onde se reuniron mozas estudantes, traballadoras de distintas empresas da vila, xubiladas,... En resumo, mulleres de tódolos ámbitos e idades unímonos para berrarmos todas xuntas e reclamar os nosos dereitos. O dereito a vivirmos en igualdade, a termos un traballo digno e unha vida digna e libre para ser vivida.

Concentración 8M Torneiros