O BNG presenta a súa candidatura no Porriño este mércores

2019.04.10 Presentación candidatura BNG O Porriño
O BNG presenta a súa candidatura no Porriño este mércores

O BNG do Porriño presentará este mércores a candidatura encabezada por Pedro Pereira para as eleccións municipais, nun acto aberto que contará coa participación de Luís Bará, deputado do Parlamento Galego; e Sandra González, alcaldesa de Tomiño.

Convidamos a toda a veciñanza do Porriño a asistir a este acto para poder coñecer de primeira man as persoas que forman esta candidatura e o proxecto de futuro que o BNG ten para o noso concello.

A presentación terá lugar o mércores ás 20:30h no Centro Cultural.

O BNG presenta a súa candidatura no Porriño este mércores