O BNG denuncia o mal estado do Paseo do Louro

Paseo do Louro
O BNG denuncia o mal estado do Paseo do Louro

Paseo do Louro

O BNG denuncia a mala planificación dos arranxos que se están a realizar no Paseo do Louro para recuperar as marxes do río derrubadas polas intensas chuvias sufridas o pasado inverno. Desde o BNG entendemos que se agardou demasiado tempo para realizar esta obra. Recentes chuvias e crecidas do río produciron novos derrubamentos que levaron por diante boa parte dos traballos realizados. “A intervención deseñada, introducindo troncos de madeira e xunqueiras nas marxes do río, debeuse facer antes para darlle tempo a enraizar, non agora que veñen as chuvias e levan por diante os traballos realizados”, afirmou a concelleira do BNG, Aurora Rivas.

Aurora Rivas

 

Actuacións anteriores, como a instalación de bloques de contención de granito nun dos tramos do río, parécennos agresivas e opostas á recuperación do bosque de ribeira orixinal, opción que defende o BNG para o entorno do Louro. “A recuperación integral do río demanda dunha planificación a medio prazo. Primeiro cortaron, coa nosa oposición, a vexetación autóctona que garante a conservación das ribeiras e evita derrubamentos e agora búscanse solucións improvisadas”, sinalou Aurora Rivas, “Os cartos públicos marchan río abaixo”, ironizou a concelleira do Bloque lamentando o despilfarro que ao entender do BNG supón unha inversión custosa que non soluciona o problema.

Vertido do Louro

O Concello do Porriño sigue sen contestar o escrito presentado polo BNG no que solicitamos que se fixeran públicos os informes realizados polas administracións competentes respecto ao recente vertido producido no río Louro. O Bloque sigue defendendo a necesidade de identificar e sancionar aos culpables e lamenta a pasividade do goberno local.

O BNG denuncia o mal estado do Paseo do Louro