O BNG defende a legalidade das súas actas e tacha de hipócrita a postura do PP

O BNG defende a legalidade das súas actas e tacha de hipócrita a postura do PP

reunion_consello_localO PP ven de aprobar no pleno unha moción solicitando a modificación no Congreso dos Deputados do artigo 182 da Lei Orgánica de Réxime Electoral, que establece a posibilidade de designar concelleiros/as de forma directa polos partidos políticos nos casos nos que, por motivo de sucesivas renuncias, se teña esgotado a lista de candidatos e candidatas que concurriron ás eleccións locais.

Despois da renuncia voluntaria das persoas que conformaron a nosa lista nas últimas eleccións municipais, o BNG tomou a decisión de recurrir a este mecanismo contemplado na legalidade vixente para cubrir tres das cinco actas do seu grupo municipal, e garantir así, a representividade no concello de quen apostou polo Bloque neses comicios. Entendemos que esta circunstancia excepcional para nada ten que ver co acontecido en Santiago de Compostela, onde o PP tivo que recurrir a este mecanismo despois de que a xustiza inhabilitara por casos de corrupción e prevaricación a gran parte do goberno local.

Lembramos polo tanto a PP e PSOE que as actas do BNG no Porriño son perfectamente legais, como así avalou a Xunta Electoral Central permitindo que estas persoas non electas tomaran posesión dos seus cargos. Reafirmamos o noso compromiso de acatar no futuro, de se producir, unha reforma do citado artigo. Desde o BNG entendemos que as actas pertencen ás organizacións políticas, non as persoas. Coa decisión de cubrir as renuncias con persoas de recoñecida traxectoria militante dentro da nosa organización, entendemos que garantizamos da mellor forma posible que se cumpra a vontade das 2.787 veciñas e veciños do Porriño que apoiaron ao Bloque no 2011.

Reforma da Lei Electoral.

Non foi a única moción referente á lei electoral que se aprobou no pleno cos votos do PP. O goberno local aprobou tamén unha moción de apoio á reforma que promove o goberno central. O argumento defendido polos populares é que hai que favorecer a elección directa dos/das alcaldes/alcaldesas e o goberno da lista máis votada. O PP pretende eliminar a pluralidade política e facerse así cos gobernos municipais sen ter a maioría dos votos. Resulta especialmente hipócrita esta argumentación no caso Porriño, onde PP, CxP e IdP levaron a cabo no 2010 unha moción de censura contra a lista máis votada, a do BNG, nomeando a Nelson Santos alcalde cando seu partido (CXP) foi a terceira lista en número de apoios electorais.

O PP do Porriño está nervioso porque sabe que cada día conta con menos apoios e o seu tempo no goberno local toca ao seu fin. Un goberno con un alcalde e dous concelleiros imputados en casos graves de corrupción e pendentes dunha decisión xudicial que os podería apartar da vida pública non pode dar leccións de lexitimidade democrática. O que deberan facer Nelson Santos e os concelleiros imputados é dimitir e afrontar o proceso xudicial aberto a instancias da Fiscalía fora dos seus cargos públicos. Deixarían así de perxudicar a imaxe do noso municipio .

O BNG defende a legalidade das súas actas e tacha de hipócrita a postura do PP