Imprimir

O BNG convida á veciñanza do Porriño ao seu acto central de campaña este mércores

bngoporrinho | 14 de maio de 2019

Contarán coa presenza da deputada Montse Prado

Compartirán coa veciñanza as principais propostas de futuro que inclúen no seu programa electoral

O BNG do Porriño celebrará este mércores o acto central da campaña para as eleccións municipais. Será un acto público, ás 20:00 horas, no Parque do Cristo, no que participarán o candidato á alcaldía do Porriño, Pedro Pereira e a deputada do Parlamento Galego, Montse Prado. Intervirán tamén Aurora Rivas, Elia Lago, Mónica Bugarín, César Lourido, Duli Diniz, Cami Moreira e Ana Bastos, integrantes da candidatura da formación nacionalista.

Neste acto darán conta das propostas máis salientables e importantes do seu programa electoral, froito do traballo desenvolvido, das reunións mantidas coa veciñanza, asociacións, comunidades e axentes sociais co fin de escoitar as súas preocupacións e propostas, dando lugar a un proxecto baseado nas necesidades reais das veciñas e veciños do concello.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-convida-vecinanza-do-porrino-ao-seu-acto-central-campana-mercores/20190514010825001368.html


© 2019 BNG do Porriño

BNG do Porriño

Rúa Ramón González nº14 - Local A
O Porriño