O BNG adapta o seu programa electoral a lectura fácil

WhatsApp Image 2019-05-07 at 01.03.28
Cami Moreira e Pedro Pereira co grupo de autoxestores
O BNG adapta o seu programa electoral a lectura fácil

Este luns reunímonos co grupo de autoxestores de ACEESCA para trasladarlle a adaptación a lectura fácil do noso programa electoral para as próximas eleccións municipais.

Seguimos dando pasos a prol da igualdade de dereitos para todas as veciñas e veciños, e o dereito de acceso á información debe ser universal. É por iso que realizamos esta adaptación a lectura fácil, á que seguirá tamén unha versión en braille. Con estas dúas versións adaptadas do noso programa electoral esperamos facer chegar as nosas iniciativas a toda a veciñanza.

Quen mellor que o equipo de autoxestores de ACEESCA para validar o noso primeiro programa en lectura fácil.

O BNG adapta o seu programa electoral a lectura fácil