O venres 16 ás 20:30h mitin do BNG no Porriño

Arranque da campaña do BNG no Porriño
O venres 16 ás 20:30h mitin do BNG no Porriño

Arranque da campaña do BNG no Porriño

O vindeiro venres día 16 de maio ás 20:30h, na Praza do Concello, o BNG do Porriño celebrará un acto público dentro da campaña das Europeas 2014. No acto intervirán: Ana Bastos (concelleira do BNG no Porriño), Francisco Chivite (veterinario) e Goretti Sanmartín (da Executiva Nacional do Bloque); ademais das seguintes persoas candidatas da lista do BNG ao Parlamento Europeo: César Rodríguez (traballador do naval), Manuel Moreira (portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública en Vigo) e Alba Fidalgo (activista social). Será un acto dinámico, con intervencións curtas centradas na defensa dos sectores que máis están a sofrer os ataques da troika. Contaremos tamén cunha actuación musical.

O único xeito de superar a situación actual de deterioro económico e social é a través de políticas propias, sen subordinacións, que permitan o desenvolvemento dos nosos sectores produtivos e favorezan a xustiza social. A oposición contra o deseño antisocial da UE non pode disociarse dos nosos intereses nacionais, tanto por padecermos en maior intensidade os seus efectos ao virnos impostas as decisións por un estado que nos outorga un rol dependente, como porque só comprendendo a nosa realidade, confiando nas nosas capacidades e potencialidades, poderemos enfrontar con maior eficacia a loita para levar avante políticas a prol dos intereses das maiorías sociais do país, dos traballadores e das traballadoras. A presenza do nacionalismo galego, a través do BNG, nas institucións europeas, é a garantía de que Galiza teña unha voz de seu, crítica con este modelo de UE.

O venres 16 ás 20:30h mitin do BNG no Porriño