Santos contrata a Diz Guedes como asesor xurídico do concello

Nelson Santos entrando a declarar nos xulgados por suposta prevaricación e trato de favor a empresas amigas
Santos contrata a Diz Guedes como asesor xurídico do concello

Nelson Santos entrando a declarar nos xulgados por suposta prevaricación e trato de favor a empresas amigas

Nelson Santos xustificou a contratación de Diz Guedes alegando que se producen erros nos procedementos do concello. O alcalde parece admitir que no Concello do Porriño se están a cometer irregularidades e que o goberno do PP quere que se redacten informes ao seu ditado, saltándose o traballo que realiza o persoal funcionario do concello. Sorprende que o alcalde afirme tal cousa, cando está imputado xunto con José Manuel Jacobo por suposta prevaricación e trato de favor a empresas amigas, e négase a explicar a cidadanía porriñesa os motivos da súa situación xudicial.

Non queremos deixar de lembrar o papel xogado por Guedes como conselleiro da Xunta durante os gobernos de Manuel Fraga, e as súas responsabilidades políticas durante a crise das vacas tolas ou o afundimento do Prestige.Tampouco esquecemos os abusos policiais cometidos pola delegación do goberno en Galiza que el dirixía durante o goberno de Jose María Aznar.

Tamén está implicado Guedes na contratación por parte da Xunta, a instancias de Luis Bárcenas, dos servizos de Special Events, empresa de Rafael Correa e Pablo Crespo, en prisión por formar parte da trama de financiación ilegal do PP. O avogado contratado polo goberno do Porriño afirmou publicamente non saber nada do asunto, si ben as facturas abonadas pola consellaría que el dirixía a empresas implicadas na Gürtel, están sendo investigadas no procedemento que xulga esta trama corrupta.

Santos contrata a Diz Guedes como asesor xurídico do concello