O BNG valora positivamente os resultados electorais do Porriño

O BNG valora positivamente os resultados electorais do Porriño

reunion_consello_localO PP retrocede no Porriño respecto ás eleccións europeas do 2009 até o 32,4 % do voto, perdendo 1.355 apoios. O PSOE tamén retrocede, obtendo o 16,79 % do voto e perdendo 1.029 apoios. A suma de PP e PSOE, que nas eleccións europeas do 2009 alcanzara o 84,55 % do voto emitido, non superou este domingo o 50% na nosa localidade. A cidadanía dixo basta ao bipartidismo, responsábel das políticas da Troika, dos recortes, das privatizacións e da corrupción xeneralizada. Os xestores do réxime da transición sufriron un severo castigo no conxunto de Galiza e do estado.

O BNG incrementa no Porriño o seu número de apoios a respecto das europeas do 2009, pasando de 692 a 720 votos. A porcentaxe de voto obtida polo Bloque (10,85%) supera claramente a media de voto da nosa organización no conxunto de Galiza (7,9%). Non estamos satisfeitos cos resultados obtidos, pero considerámolos unha boa base para traballar de cara as eleccións municipais que se van celebrar o ano que ven. A cidadanía do Porriño sigue a ver no BNG un actor principal para garantir unha alternativa viábel ao goberno do PP. Desde o Bloque cremos que se abre unha posibilidade real de cambio no noso municipio e traballaremos para que esa alternativa sexa posíbel desde o nacionalismo e a esquerda.

A dirección local do BNG no Porriño quere agradecer a militantes e simpatizantes a súa implicación na campaña. Unha campaña realizada con medios propios, poucos recursos, sen solicitar créditos bancarios, renunciando ao envío de correo masivo, e na que só o traballo de militantes e simpatizantes fixo posíbel que o BNG estivera presente

O BNG valora positivamente os resultados electorais do Porriño