O BNG lamenta a pasividade da administración no conflito das familias xitanas desterradas

O BNG lamenta a pasividade da administración no conflito das familias xitanas desterradas

carimboNelson Santos incumpriu o acordo plenario de elaborarmos, entre as forzas políticas con representación na corporación, un manifesto en apoio das familias xitanas desterradas. O alcalde comprometeuse a convocar as/os portavoces dos grupos para abordar este asunto a semana pasada e aínda non temos noticias súas. O seu desinterese non está a axudar a resolver o problema.

Desde o BNG entendemos que unha resposta unánime da Corporación Municipal do Porriño podería axudar a que as familias afectadas regresen ás súas casas e entendemos que o goberno local ten que instar a quen ten competencias para que solucione o conflito. Esiximos solucións á Subdelegación do Goberno, Fiscalía e Consellaría de Educación. As autoridades competentes deben velar pola seguridade das persoas, evitar que se produzan extorsións ou ameazas, investigar os posibles delitos cometidos e garantir a escolarización das e dos menores.