O BNG esixe a dimisón da concelleira de Facenda

O BNG esixe a dimisón da concelleira de Facenda

Pedro Pereira, portavoz municipal do BNG no Porriño

Iria Lorenzo, que cobra un salario do concello por ter delegadas as áreas de Economía e Facenda, non está a cumprir co máis mínimo labor esixible ao cargo que ocupa. As súas funcións como concelleira limítanse a ler no pleno os informes que lle son facilitados polos seus compañeiros de goberno e polos técnicos municipais, e a pesar de cobrar do erario público non acude regularmente á Casa do Concello.“Nos plenos non entra a debater coa oposición a política económica do goberno local. Esta función recae fundamentalmente no alcalde e noutros membros do grupo de goberno cando é ela quen ten delegadas estas funcións.”, afirmou o portavoz do BNG, Pedro Pereira.

Tendo o PP maioría absoluta na corporación, non foi que de aprobar un orzamento, a principal ferramenta de planificación económica dun goberno, nos dous últimos anos. O último presuposto aprobado é do 2012. “Presentado no mes de decembro, foi un mero axuste de contas, e desde aquela o PP goberna coas contas prorrogadas”, aclarou Pereira. A falta de control na área económica, permitiu un gasto arbitrario que levou ao goberno local á situación xudicial que mantén como imputados por malversación de caudais públicos, entre outros supostos delitos, a parte dos seus membros. “Como responsable da área de Economía e Facenda, Iria Lorenzo é cómplice política necesaria, por deixación de funcións no control do gasto, no proceso xudicial aberto contra Santos, Jacobo e Alejandro”, recalcou o nacionalista.

Desde o BNG reclamamos a dimisión de Iria Lorenzo como concelleira de Economía e Facenda. Descoñecemos o traballo que realiza e entendemos inxustificado que ostente unha delegación remunerada.

Conta Xeral 2013

Na análise da conta xeral do exercicio 2013, o BNG sigue detectando que un importante gasto na contratación de servizos ligado ao entorno político e familiar do goberno do PP. Esta forma irregular de xestionar o concello, que xa está a ser investigada pola xustiza, mantense. A ausencia de mecanismos de control do gasto na área económica ten colaborado a que estas irregularidades se produzan.

O superavit nas contas públicas que ven de presentar o PP, procede en grande medida da ausencia de inversións e dunha suba impositiva abusiva (incrementos notables na contribución, auga, lixo) que está a perxudicar notablemente a economía das familias da nosa localidade. “O BNG non pode aprobar que a cidadanía vexa incrementanda as súas cargas impositivas sen ser beneficiaria de melloras nos servizos. A función principal da administración é garantir a universalidade dos servizos públicos e exercer de corrector das desigualdades. A xestión do PP céntrase nas cifras macroeconómicas esquecendo as necesidades da maioría social”, concluíu Pedro Pereira.