O BNG denuncia deficiencias no paso do Camiño de Santiago polo Porriño

Sinalización do sendeiro das Gándaras de Budiño
Sinalización do sendeiro das Gándaras de Budiño
O BNG denuncia deficiencias no paso do Camiño de Santiago polo Porriño

Sinalización do sendeiro das Gándaras de Budiño

Desde o BNG denunciamos a falta de limpeza dos sendeiros da reserva natural das Gándaras de Budiño, entrada da ruta xacobea  no noso municipio. Un espazo Rede Natura, de paso para peregrinos e de esparcemento para veciños e veciñas que se atopa en moi mal estado de conservación e limpeza. As contraditorias sinalizacións existentes, moitas en mal estado, conducen á confusión dos peregrinos e peregrinas.

Esta confusión na sinalización afecta tamén ao tramo que cruza o casco urbano. Entendemos que o paso do camiño portugués pola trama urbana do Porriño debe ser un recurso económico para o comercio e a hostelaría locais. O Concello e a Xunta non están a atender como deberan, por desinterese ou deixadez, este importante recurso natural e turístico.

O ex concelleiro e deputado do PP Gonzalo Ordóñez, que está a promover en Madrid a creación dun grupo de deputad@s e senador@s defensor@s do Camiño de Santiago, debería pasarse polo Porriño para coñecer a verdadeira situación deste tramo e reclamar a súa posta en valor. Menos actos "para a galería" e máis atención por parte das autoridades competentes é o que desde o Bloque demandamos.