O BNG denuncia os cheiros producidos por Frigolouro

Empresa Frigolouro no Porriño
Empresa Frigolouro no Porriño
O BNG denuncia os cheiros producidos por Frigolouro

frigolouro

O BNG denuncia os intensos cheiros que está a producir a empresa Frigolouro no Porriño. Estes fortes cheiros van en aumento nos últimos meses e teñen unha incidencia negativa en gran parte do casco urbano do municipio. “Non comprendemos a que se debe este incremento dos cheiros, máxime agora que a empresa verte ao colector do Louro e conta con un sistema para paliar as emisións da súa depuradora de residuos. Situacións que creiamos superadas hai anos estanse a producir de novo”, afirmou o portavoz municipal do Bloque, Pedro Pereira. Desde o BNG reclamamos ao Concello do Porriño que se poña en contacto coa empresa para esixir unha solución ao problema o máis pronto posible. “Son numerosas as queixas dos veciños e veciñas do Porriño que viven nas inmendacións de Frigolouro. Non estamos ante algo puntual, os fortes cheiros estanse a producir de forma continuada ”, indicou Pereira.

Vertido do Louro

Un mes despois de terse producido un vertido contaminante no río Louro, no tramo onde se ubica a propia empresa Frigolouro, entre o Albergue de Peregrinos e a primeira ponte de madeira do Paseo do Louro, seguimos sen coñecer a autoría dos feitos. O Concello do Porriño ten que esixir a Xunta de Galicia e Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que se identifique a autoría do vertido para proceder a sancionar a quen sexa responsable. Desde o BNG reclamamos que se fagan públicos os informes de investigación realizados tanto pola empresa Frigolouro como polas administracións públicas competentes. “Un mes despois de ter preguntado formalmente e por escrito sobre este asunto no concello, seguimos sin recibir resposta. Parécenos tempo máis que suficiente para que se den a coñecer as conclusións dos informes técnicos”, sinalou o portavoz do BNG.