O BNG anima a comprar no comercio local

O BNG anima a comprar no comercio local

Comercio-03 Cartaz 2014O BNG anima aos porriñeses e porriñesas a consumir produtos galegos e a facelo no comercio de proximidade, nas nosas feiras e mercados, un sector básico da nosa economía. Apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores maneiras de xerar riqueza e de humanizar o noso casco urbano. Desde o BNG defendemos que se prestixien os nosos produtos primarios. Apostamos porque os poderes públicos faciliten a súa comercialización en circuítos curtos para garantir o máximo beneficio ás persoas produtoras e que a actividade agrícola, a súa transformación e comercialización sexa un elemento de creación de emprego e de dinamización económica. Reivindicamos a artesanía, a música, os libros, a cultura, unha importante cantidade de produtos que creamos directamente.

O Bloque ven de iniciar unha campaña en toda Galiza con motivo do Nadal na que solicitamos que as administracións públicas incentiven a compra de produtos locais e promocionen a súa etiquetaxe na nosa lingua. Opoñémonos á instalación de grandes superficies comerciais, solicitamos que se promova a produción alternativa e ecolóxica introducíndoa nos mercados municipais e queremos que se impulse unha marca de calidade para os produtos da horta galega. Pedimos que se faciliten axudas para implantar ou mellorar estabelecementos específicos que comercialicen produtos autóctonos e que se estabelezan liñas de créditos prioritarias para o comercio de proximidade. Tamén instamos a regular os horarios comerciais para non prexudicar ao pequeno comercio e colocar paneis convidando a mercar nestes estabelecementos.

O BNG anima a comprar no comercio local