O BNG acusa a Nelson Santos de intentar agochar o debate sobre a lei do aborto

O BNG acusa a Nelson Santos de intentar agochar o debate sobre a lei do aborto

carimboNelson Santos convocou o pleno onde se vai tratar unha moción presentada polo grupo municipal do Bloque contra a modificación da lei do aborto, para o martes 11 de febreiro ás 14h. O BNG quere denunciar a actitude do alcalde, que modifica o horario habitual de celebración dos plenos, as seis e media da tarde, para dificultar a asistencia da veciñanza e d@s concelleir@s da oposición a un debate de vital importancia. A modificación da lei do aborto que está  a impulsar o PP representa un retroceso de décadas que vulnera dereitos consolidados das mulleres no relativo á súa saúde sexual e reprodutiva. Desde o BNG queremos facer un chamamento aos veciños e veciñas do Porriño para que amosen a súa indignación contra esta perda de liberdades e dereitos animándoos a asistir á sesión plenaria.

A moción presentada polo Bloque busca o acordo da corporación municipal do Porriño para instar á Xunta de Galiza a que demande do goberno do Estado manter e aplicar a vixente lei orgánica de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo. Solicitamos da Xunta, que se facilite a atención, dentro no sistema sanitario galego, da demanda existente de realización de interrupcións voluntarias de embarazo, e que se poña en marcha unha campaña de formación e información sobre métodos anticonceptivos, fundamental para evitar embarazos non desexados e prácticas sexuais de risco. O Bloque esixe tamén que o Concello do Porriño poña en marcha, a través da súa área de Igualdade, unha campaña institucional de información e divulgación dos recursos cos que contan as mulleres para interromperen voluntariamente o embarazo, e que se transmita o rexeitamento da institución local á modificación da citada lei.

PODEDES DESCARGAR AQUÍ A MOCIÓN: mocion_aborto_pleno11_02_2014

O BNG acusa a Nelson Santos de intentar agochar o debate sobre a lei do aborto