Este venres xuntanza coa veciñanza de Atios

Este venres xuntanza coa veciñanza de Atios

Unha semana máis, continuamos coa rolda de xuntanzas coa veciñanza e colectivos parroquiais. Despois de nos reunir coa veciñanza de Torneiros e Cans, esta semana estaremos en Atios, para recoller demandas e propostas da veciñanza e ofrecer información sobre as iniciativas levadas a cabo no ámbito municipal polo BNG

A xuntanza será este venres, 4 de maio, no Centro Social e Cultural de Atios, ás 20:00h. Nela abordaranse diferentes temas de interese para a parroquia, como son os orzamentos municipais e as emendas presentadas polo BNG que atinxen directamente a Atios.

Dende o BNG, una semana máis, convidamos a toda a veciñanza e colectivos parroquiais a se achegar e participar nesta xuntanza.