O BNG convida a veciñanza de Mos e O Porriño a un acto público sobre as vindeiras eleccións europeas e municipais

Contaremos coa presenza da eurodeputada Ana Miranda

O BNG convida a veciñanza de Mos e O Porriño a un acto público sobre as vindeiras eleccións europeas e municipais

O BNG do Porriño xunto co BNG de Mos organizamos un acto público para falar sobre as vindeiras eleccións europeas e municipais. Para isto, contaremos coa presenza de Ana Miranda, deputada do BNG no Parlamento Europeo. Xunto a ela estarán os candidatos do BNG ás alcaldías dos dous concellos, Gustavo Barcia e Pedro Pereira; e Ana Bastos, responsable local do BNG do Porriño e número dous da candidatura.

Convidamos a toda a veciñanza do Porriño e Mos a asistir a este acto para poder coñecer de primeira man o traballo que a nosa eurodeputada levou a cabo en Bruxelas ao longo destes últimos anos e a importancia de que Galiza teña presenza no Parlamento Europeo.

O acto terá lugar o vindeiro luns día 6 de maio ás 20:00h no Centro Cívico do Porriño (Escola de Música).