O BNG abre en Torneiros unha rolda de xuntanzas nas parroquias para atender as demandas da veciñanza

ACTO ABERTO Á VECIÑANZA DE TORNEIROS (1)
O BNG abre en Torneiros unha rolda de xuntanzas nas parroquias para atender as demandas da veciñanza

O BNG comeza en Torneiros unha rolda de reunións, abertas a toda a veciñanza e aos colectivos parroquiais, coas que pretendemos recoller peticións e tamén ofrecer información sobre as iniciativas que levamos a cabo no ámbito municipal. A xuntanza será este venres, 20 de abril, no local da AVV San Salvador de Torneiros, ás 20:00h.

Nela abordaranse diferentes temas de interese para a parroquia, como son os orzamentos municipais e as emendas presentadas polo BNG que atinxen directamente a Torneiros, así como o problema do lindano.

Para o BNG a relación coa veciñanza é prioritaria polo que, despois desta primeira xuntanza, esta rolda de contactos continuará nas vindeiras semanas polas demais parroquias do Concello.

O BNG abre en Torneiros unha rolda de xuntanzas nas parroquias para atender as demandas da veciñanza